A semana pasada tivemos o privilexio de recibir no Liceo La Paz aos líderes internacionais do proxecto AgileDT, Pablo de Learnovate Trinity College en Dublín, os creadores e guías principais desta innovadora iniciativa europea. Dende Galicia, acompañounos Elena, directora do CPR Daniel Castelao de Vigo, a DT-force dende España, co que colaboramos estreitamente como apoio nesta experiencia transformadora.
Grazas á coordinación do equipo da Escola de Idiomas ESID Liceo La Paz, foi posible que coñeceran o noso centro educativo, exploraran o noso contexto e visitaran os seguintes ciclos formativos:
Administración e Finanzas
Ensinanza e Animación Sociodeportiva
Coidados Auxiliares de Enfermería
Animación 3D, xogos e contornos interactivos
Ademáis dun recorrido por todo o centro. Esta visita serviu para planificar os futuros pasos deste ilusionante proxecto.
O proxecto AgileDT está enfocado en mellorar a Formación Profesional promovendo a colaboración transversal entre ciclos, e incorporando metodoloxías áxiles que favorezan unha aprendizaxe innovadora, práctica e adaptada aos retos actuais. Estamos orgullosos de formar parte desta aposta pola educación de calidade!
Comentarios recientes