O alumnado do Ciclo Formativo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, continúa adquirindo competencias fundamentais para o mundo das TIC.
Nesta ocasión, están a traballar cos medios de transmisión, centrándose no coñecido cable de par trenzado, un dos elementos máis empregados nas redes de comunicación actuais. Durante as sesións prácticas, aprenden a montar e verificar conectores RJ45 macho e femia, desenvolvendo habilidades técnicas esenciais para a instalación e mantemento de redes informáticas.
Un traballo preciso e minucioso que lles permite comprender como chega a conexión de internet aos equipos informáticos e adquirir experiencia real moi valorada no ámbito profesional.
Porque na formación profesional, a mellor forma de aprender é facendo.



























Comentarios recientes