22
may

 

O profesorado de FP Liceo La Paz participou onte no III Encontro coa Rede de docentes da función loxística, celebrado na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. A xornada reuniu profesionais do ámbito educativo e representantes do Clúster da Función Loxística de Galicia co obxectivo de seguir fortalecendo a colaboración entre formación e empresa, compartindo experiencias, necesidades e novas propostas de traballo conxunto.

 

Durante o encontro presentáronse os avances do Plan de Acción da Rede de Docentes 2025-2026 e a nova Plataforma de Emprego Loxístico, unha ferramenta creada para facilitar a conexión entre empresas, profesionais e estudantes interesados en realizar prácticas, becas ou incorporarse ao mercado laboral no sector da loxística.

 

A sesión incluíu tamén dinámicas participativas e grupos de traballo centrados na elaboración do futuro Plan de Acción 2026-2027, abordando novas iniciativas e prioridades para seguir reforzando a conexión entre o ámbito educativo e o tecido empresarial galego.

 

A clausura correu a cargo de Mª Eugenia Pérez, Directora Xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia, quen destacou a importancia destes espazos de encontro para continuar impulsando a formación e a empregabilidade na FP.

 

Seguimos comprometidos cunha formación práctica, conectada coa realidade empresarial e en constante colaboración co sector.

 

 

 

 

0 No existen comentarios

Comments are closed.