13
nov
Na xornada de hoxe, os alumnos do ciclo medio de Guía no Medio Natural e de Tempo Libre participaron nun proxecto interdisciplinar entre as materias de Sostibilidade Aplicada ao Sistema Produtivo e Guía de bicicleta. Desprazáronse pedaleando ata a praia de Bens, onde realizaron unha limpeza logrando retirar entre 50 e 60 quilos de lixo.
Esta actividade mostrou o valor das sinerxías entre módulos, impulsando nos estudantes unha visión integral da sostibilidade a través da práctica deportiva e o compromiso ambiental.
Comentarios recientes