Xa está aberta a convocatoria de Bolsas Erasmus+ KA 122-VET para F.C.T. de marzo/abril 2025.
O programa Erasmus+, ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de grao superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación. Os seus obxectivos específicos son apoiar a realización dun Espazo Europeo de Educación Superior e reforzar a contribución da educación superior e a formación profesional ao proceso de innovación.
Obxecto da convocatoria
Concesión de 4 bolsas ErasmusPro (recién titulados) e 12 bolsas Erasmus+ K122-VET de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K122 dentro do programa 2023-1-ES01-KA122-VET-000114504
Destinatarios
Alumnado en OFERTA ORDINARIO, matriculado no Liceo La Paz, nun Ciclo Formativo de Grao Medio, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2024-25 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.
Requisitos para participar na selección
- Estar matriculado/a no Colexio Liceo La Paz nos últimos módulos da oferta ordinaria dun Ciclo Formativo de Grao Medio.
- Reunir os requisitos para poder realizar a FCT1 .
- Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
- É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito2 en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
- Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.
Contía da beca
Segundo o país de destino e dos días de estancia, o alumnado recibirá unha axuda entre para a viaxe de ida e volta dependiendo da distancia co país de destino e, unha segunda axuda, entre para seguro manutención e aloxamento.
Trátase dunha axuda económica para todo o período e todos os conceptos (desprazamento, aloxamento, manutención, seguro, etc.) sen prexuízo das axudas complementarias que no seu caso convoquen outras Administracións (exemplo: Consellaría de Cultura, Educación e Universidade).
Período de estancia
Duración de 2,5 meses (75 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT. O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA122-VET coa mesma, asi como o indicado no convenio asinado co alumno/a e o Liceo La Paz, independentemente da duración do módulo de FCT.
País e empresa de destino
O equipo docente e o titor, xunto coas coordinadoras de Erasmus+, de acordo co propio beneficiario determinarán o país e a empresa de destino.
Portugal, Italia, Polonia, Estonia, República Checa e Irlanda
*O 10% das prazas para persoas con discapacidade que de non cubrirse pasa a quenda libre.
** Asimesmo, puntuarase positivamente (puntuación pertencente a demostrar autonomía) que o propio alumnado achegue unha carta de aceptación nunha empresa distinta as empresas ofertadas polo departamento Erasmus.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 11 de novembro de 2024 ata o 9 de decembro de 2024.
Criterios de selección e valoración dos candidatos
Para a valoración das solicitudes e a adxudicación das becas, o alumnado pasará un proceso de selección no que se valorará:
Unha vez valoradas todas as solicitudes publicarase a resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro. Contra esta resolución os interesados poderán presentar unha solicitude de revisión, ante a Dirección do Centro, no prazo de 5 días hábiles contados a partires da data de publicación.
Lista de reserva
No caso de alumnado en lista de reserva, para garantir o criterio de equidade e igualdade, respectando a oferta e equilibrio entre os distintos ciclos e departamentos o procedemento a seguir será o seguinte:
No caso de non se cubrir algunha praza (por falta de solicitudes ou renuncia), pasarase a elección:
1. Do alumno/a con maior puntuación e ciclo no que queda a praza vacante.
No caso de non haber alumnado dese ciclo, pasarase ao:
2. Alumno/a con maior puntuación e Departamento ao que pertenza o ciclo no que queda a praza non cuberta.
De non ter alumnado dese Departamento pasarase a:
3. Aquel alumno/a que teña maior puntuación na lista de agarda.
Neste último, caso de ter varios alumnos/as con mellor puntuación no mesmo ciclo, primará o reparto por ciclos, non asignando dúas prazas a un ciclo cando existan listado de reserva en máis ciclos.
Empate
No caso de empate, ante alumnado coa mesma puntuación para unha mesma praza, terase en conta para o desempate:
Promoción da igualdade entre mulleres e homes, maior puntuación no expediente académico, maior puntuación na valoración do equipo docente e maior puntuación na proba de idiomas e sorteo final se fose necesario.
Recoñecemento das prácticas
A mobilidade Erasmus+ KA122-VET para prácticas permite a realización de toda a FCT nun país da Unión Europea cos mesmos efectos de recoñecemento que si se realizara nunha empresa española. O Liceo La Paz recoñecerá academicamente o período de prácticas, sempre que se alcancen os logros acordados por ambas partes no programa formativo, rexistrarase tamén o Certificado de Mobilidade Europass e o Suplemento Europeo ao Título.
Link á solicitude Erasmus+ de esta convocatoria
Comentarios recientes