16
nov

 

Os futuros educadores infantís traballaron, no módulo de Expresión e Comunicación, a festa do magosto. Para achegarse a esta celebración dunha maneira creativa e lúdica, elaboraron unha manualidade inspirada nesta tradición galega.

 

Unha actividade coa que, ademais de experimentar con diferentes materiais e técnicas, descubriron a importancia de transmitir as nosas tradicións culturais aos máis pequenos a través do xogo e da expresión artística.

 

0 No existen comentarios

Comments are closed.