Como deseñar unha feira de loxística dende cero? O alumnado do Liceo La Paz acéptao como reto no marco do proxecto europeo AgileDT
O proxecto europeo AgileDT continúa avanzando no Liceo La Paz, explorando novas formas de aprendizaxe activa na Formación Profesional. Liderado polo Learnovate Centre (Trinity College Dublin) e a Universidade de Galway, AgileDT conecta centros de Galicia, Portugal e Eslovenia arredor dun obxectivo común: aplicar metodoloxías como o Design Thinking para que o alumnado resolva retos reais en colaboración con profesionais e empresas.
No Liceo La Paz, o proxecto está coordinado polos docentes Brais Arias Río e Mónica Pérez Sueiro, que veñen promovendo estas experiencias dende o curso pasado. A última proposta puxo a proba ao alumnado do Ciclo Superior de Transporte e Loxística, que tivo que deseñar un sistema loxístico para organizar unha feira do sector no propio centro. Un reto moi concreto, con intención de realidade: será posible celebrar esta feira o vindeiro curso?
O traballo desenvolveuse ao longo de dúas sesións de 2,5 horas cada unha. Foi indispensable a axuda da DT-force para guiar aos equipos, nesta ocasión colaborou a profesora Ángeles Broz Maneiro e o equipo de alumnos: Sabela Cobelo Losada , Laura Eijo Ortiz, Andrés Iglesias Souto e Manuel Loira Vázquez, encargados de dinamizar e apoiar o proceso liderado por Brais e Mónica.
Como elemento clave, contamos coa participación de Cristina Muñoz Laiño, a nosa experta en comunicación, redes sociais e organización de eventos. Cristina xogou un papel fundamental nas dúas sesións: na primeira, participou nunha entrevista aberta con todo o grupo, na que compartiu a súa experiencia e deu claves sobre como planificar e promocionar eventos que poidan ter un impacto real. A loxística para organizar eventos nun centro de máis de 2000 estudantes, con varios espazos e comedor propio non é sinxelo, pero Cristina coñéceo moi ben e a súa experiencia foi de moita axuda para aterrar o proxecto no centro. Na segunda sesión, estivo presente durante as presentacións dos primeiros prototipos, aportando un feedback profesional que axudou ao alumnado a enriquecer as súas propostas.
O proceso seguiu as fases do Design Thinking, comezando pola empatización, xa que hai que coñecer aos diferentes perfís que participaran na feira, as necesidades dun evento, e incluso a envergadura que realmente se pode manexar. Seguiron pola definición clara do obxetivo de cada equipo e a ideación, con moita creativide de por medio, para finalizar co prototipado e un pequeno cuestionario para recoller retroalimentación e mellorar os proxectos. Todo isto sen perder de vista o obxectivo: planexar unha feira viable e atractiva. Entre as actividades desenvolvidas destacaron:
A entrevista coa experta xerou unha conversa moi rica que inspirou novas ideas para a feira, ademáis dunha choiva de ideas para coñecer e empatizar cos diferentes tipos de persoas que poden ser parte da feira para telo en conta na xestión.
Formulación de retos (How Might We…? -HMW), unha metodoloxía que permitiu definir liñas de traballo, centrando o obxetivo de cada equipo:
Ideación con Idea Alphabet + Shopping Cart, trátase de metodoloxías que moitas veces axundan a desbloquear a creatividade e permiten priorizar ideas viables partindo da definición co HMW. Ademáis traballar con tempos concretos, baixo un pouquiño de presión, ponlle as pilas a calquera e anima ao traballo colaborativo!
O comezo de prototipado con Crazy 8 + Storyboards, permitu que cada grupo esbozase o fluxo completo da súa idea para a organización da feira, visualizando como se desenvolvería o evento.
A proposta final de prototipos reais dos posibles proxectos, foi todo un éxito, os equipos elaboraron plans de xestión da feira, ademáis, un dos equipos tamén aportou un completo plan de marketing, e outros fixeron cartaces promocionais, notas de prensa, correos de contacto para empresas e todos eles recolleron melloras con cuestionarios aos seus compañeiros e compañeiras, ademáis de usar a matriz de feedback para a retroalimentación da experta.
A motivación foi en aumento conforme o alumnado comprobou que o que estaban deseñando podería facerse realidade. A participación foi moi alta en todo o proceso e as presentacións finais destacaron pola calidade e orixinalidade das propostas.
Como valor engadido, esta experiencia permitiu reforzar competencias transversais como o traballo en equipo, a capacidade de síntese ou a comunicación profesional.
O proxecto AgileDT continúa demostrando que, cando o alumnado traballa con retos reais e recibe acompañamento experto, as aprendizaxes son moito máis significativas. No caso de Transporte e Loxística, o traballo realizado nestas dúas sesións xa senta as bases para que no curso vindeiro esta feira sectorial poida converterse nun evento real, organizado polos propios estudantes.
Seguimos aprendendo e innovando! Grazas por formar parte e facer desde proxecto unha realidade!
Comentarios recientes