Do 12 ó 18 de outubro celebramos no Liceo La Paz os Erasmus Days. Unha semana adicada a promover os valores de internacionalización, sostenibilidade e cooperación do programa Erasmus+. Unha iniciativa chave para fomentar a internacionalización e fortalecer o compromiso do centro coa mobilidade educativa.
Durante estes días, procuramos sensibilizar a estudantes e docentes sobre os beneficios dos intercambios e experiencias internacionais a través dos programas Erasmus+. As actividades incluíron obradoiros, conferencias e unha limpeza da Cala de Bens o 12 de outubro. Ademais, realizáronse varios eventos para chegar a tódolos niveis educativos: Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e FP, facendo especial fincapé nas oportunidades de mobilidade para Formación Profesional e as experiencias de jobshadowing para docentes.
O noso alumnado de FP participou activamente, non só acudindo ás ponencias específicas sobre mobilidades e proxectos Erasmus+, senón tamén preparando varios obradoiros para os nenos de Infantil, Primaria e ESO do Centro.
Así, os alumnos do Ciclo Superior en Educación Infantil realizaron uns obradoiros dirixidos ós nenos de Educación Infantil, con temática de sostibilidade e diversidade. Nos obradoiros que levaron a cabo, traballaron a reciclaxe, a reutilización de refugos reconvertidos en xoguetes, as diversas familias e culturas que existen…
No Ciclo Superior de Dietética prepararon uns obradoiros sobre nutrición e sostenibilidade para os alumnos de 6º de Primaria onde aprenderon que melloras deben facer na súa dieta para poder ser mais sostibles co medio ambiente. Tamén descubriron cales eran os productos de tempada que debemos consumir durante o outono e que son os alimentos e productos de proximidade. Para rematar tiveron a oportunidade de probar diversas recetas con estes productos e algúns descubriron por primera vez como sabía a granada.
Algúns alumnos dos Ciclos de Formación Profesional en Actividades Físicas e Deportivas participaron de forma totalmente voluntaria como apoio para a súa profesora Noa Irago Mosquera, monitorizando a realización de actividades de deporte inclusivo.
O día 16, o Día Especial FP nos Erasmus Days, tódolos alumnos interesados no programa Erasmus+ asistiron ás interesantes ponencias programadas:
Leticia Río Dovao centrouse na súa experiencia Erasmus+ nos Corpos de Solidaridade Europea. Durante a súa participación relatou as súas varias experiencias Erasmus+. A primeira como estudante de periodismo na Universidad de Lodz, posteriormente como recién titulada na ciudade de Varsovia e finalmente como voltuntario dos Corpos de Solidaridade Europea en Italia, donde traballou con menores en risco re exclusión social.
A Asociación AMICOS, representada por Sarah Mohamed quen explicou como Amicos traballa en colaboración con diversas redes europeas para fomentar a inclusión social a través da educación, o emprego e o voluntariado. Tamén destacará a importancia da mobilidade europea como unha ferramenta fundamental para enriquecer as experiencias dos participantes, mellorar a súa formación e fomentar unha sociedade máis inclusiva e xusta.
David Míguez, profesor do Ciclo Superior de Educación Infantil, contou a súa experiencia Erasmus+ no jobshadowing que fixo, xunto a outras docentes do ciclo, en centros de Reggio Emilia, en Italia.
ESN presentou Erasmus+ in Schools. A través desta iniciativa o ESN da Coruña (Erasmus Student Network Coruña), presentou a súa organización como unha ferramenta que xoga un papel fundamental na acollida e apoio aos estudantes Erasmus en Galicia. A través de diversas actividades, eventos e programas de titorización, ESN Coruña axuda aos estudantes internacionais a integrarse na vida académica e social da cidade, promovendo os valores de interculturalidade, diversidade e solidariedade.
Fátima Díaz Freire, exalumna do Liceo La Paz e graduada en Pedagoxía pola USC e estudante de Doutoramento na UDC, presentou a Asociación Motus Europa, unha asociación xuvenil de A Coruña que ten como misión acercar máis Europa á xuventude que reside en España, así como traer máis a Europa ó noso contexto local.
Tamén tivemos o pracer de recibir a Carla Massa tras a súa experiencia Erasmus na prestixiosa Cork University College (UCC), en Irlanda. Durante a súa estadía, tivo a oportunidade de continuar os seus estudos nun ambiente internacional, mellorando as súas competencias en dereito e administración de empresas, e gozando dun intercambio cultural que ampliou os seus horizontes persoais e profesionais.
Pechando as sesións da mañá, Jennifer Meléndez, Responsable do Departamento de Erasmus+ do Centro, do Departamento de Relacións Internacionais e Directora da Escola de Idiomas ESID Liceo La Paz, fixo unha emocionante intervención na que, aproveitando toda a súa experiencia en mobilidades europeas, ofreciu moitas ferramentas e consellos útiles para todos os alumnos que teñan en mente facer unha mobilidade Erasmus+ próximamente.
Á tarde, máis centrada en experiencias Erasmus+, os nosos alumnos desfrutaron de varios relatos:
Pilar Couto Cantero presentou o proxecto europeo AWKE (Awakening the Languages of Europe), no que a Universidade da Coruña ten un papel destacado. Este proxecto, enmarcado no programa Erasmus+, ten como obxectivo desenvolver ferramentas didácticas innovadoras para o ensino das linguas en diferentes contextos educativos europeos, favorecendo a diversidade lingüística e cultural. Este proxecto aposta pola revitalización das linguas minoritarias e polo fomento do plurilingüismo como un recurso educativo valioso. Pilar compartirá a súa experiencia como investigadora principal neste proxecto, explicando como a mobilidade e a cooperación entre universidades europeas está a permitir a creación de recursos didácticos innovadores que están sendo implementados en varios países.
Brais Arias Río e Mónica Pérez Sueiro, ambos profesores dos Ciclos de Informática de FP Liceo La Paz. Levan a cabo, xunto con outros centros de Portugal, Eslovenia, Irlanda e España, o proxecto AgileDT dende o curso pasado.
Julián Viero, que rematou o ano pasado o FP Superior de Transporte e Loxística, realizou as súas prácticas profesionais nunha empresa de Praga. Contounos que a súa experiencia Erasmus+ non só durou os 3 meses das prácticas, senón que lle abriu as portas ó mundo laboral ó recibir unha oferta da mesma empresa que o acolliu na súa mobilidade.
Alfonso Navia Álvarez, profesor do Ciclo de Guía no Medio Natural e de Tempo Libre en FP Liceo La Paz, tamén relatou a súa mobilidade Erasmus+ nos Alpes, contando cómo reforzou os seus coñecementos como guía de montaña.
Özum Kuru, exalumna en prácticas Erasmus+ no Liceo La Paz e alumna de español para extranxeiros en ESID Liceo La Paz, amosou cómo Turquía é un destino moi interesante para realizar unha mobilidade Erasmus+.
E, como peche da xornada, o noso docente de Educación Física en ESO e do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva, Tito Ramallo, presentou, xunto con Javier Lavandeira, o proxecto Erasmus ActivYou, orientado a construir un proxecto de vida saudable e activa para a nosa mocidade.
Comentarios recientes