11
nov

Xa está aberta a convocatoria de Bolsas Erasmus+ KA 131-HED para F.C.T. de marzo/abril 2025.

 

O programa Erasmus+ ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en Formación Profesional de Grao Superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación. Os seus obxectivos específicos son apoiar a realización dun Espazo Europeo de Educación Superior e reforzar a contribución da educación superior e a formación profesional ao proceso de innovación.

 

Obxecto da convocatoria

 

Concesión de 4 bolsas ErasmusPro (recién titulados) e 12 bolsas Erasmus+ K122-VET de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K122 dentro do programa 2023-1-ES01-KA122-VET-000114504

 

Destinatarios

 

Alumnado en OFERTA ORDINARIO, matriculado no Liceo La Paz, nun Ciclo Formativo de Grao Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2024-25 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.

 

Requisitos para participar na selección

 

  • Estar matriculado/a no Colexio Liceo La Paz nos últimos módulos da oferta ordinaria dun Ciclo Formativo de Grao Superior.
  • Reunir os requisitos para poder realizar a FCT1 .
  • Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
  • É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito2 en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
  • Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.

 

Contía da beca

 

Segundo o país de destino e dos días de estancia, o alumnado recibirá unha axuda para a viaxe de ida e volta dependiendo da distancia co país de destino e, unha segunda axuda para seguro, manutención e aloxamento.

 

Trátase dunha axuda económica para todo o período e todos os conceptos (desprazamento, aloxamento, manutención, seguro, etc.) sen prexuízo das axudas complementarias que no seu caso convoquen outras Administracións (exemplo: Consellaría de Cultura, Educación e Universidade).

 

Período de estancia

Duración de 2,5 meses (75 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT. O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA131-HED coa mesma, así como o indicado no convenio asinado co alumno/a e o Liceo La Paz, independentemente da duración do módulo de FCT.

 

País e empresa de destino

 

O equipo docente e o titor, xunto coas coordinadoras de Erasmus+, de acordo co propio beneficiario determinarán o país e a empresa de destino.
Portugal, Italia, Polonia, Estonia, República Checa e Irlanda

 

*O 10% das prazas para persoas con discapacidade que de non cubrirse pasa a quenda libre.
** Asimesmo, puntuarase positivamente (puntuación pertencente a demostrar autonomía) que o propio alumnado achegue unha carta de aceptación nunha empresa distinta ás empresas ofertadas polo departamento Erasmus.

 

Prazo de presentación de solicitudes

 

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 11 de novembro de 2024 ata o 9 de decembro de 2024.

 

Criterios de selección e valoración dos candidatos

 

Para a valoración das solicitudes e a adxudicación das becas, o alumnado pasará un proceso de selección no que se valorará:

 

 

Unha vez valoradas todas as solicitudes publicarase a resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro. Contra esta resolución os interesados poderán presentar unha solicitude de revisión, ante a Dirección do Centro, no prazo de 5 días hábiles contados a partires da data de publicación.

 

Lista de reserva

 

No caso de alumnado en lista de reserva, para garantir o criterio de equidade e igualdade, respectando a oferta e equilibrio entre os distintos ciclos e departamentos, o procedemento a seguir será o seguinte:
No caso de non se cubrir algunha praza (por falta de solicitudes ou renuncia), pasarase a elección:

 

1. Do alumno/a con maior puntuación e ciclo no que queda a praza vacante.

 

No caso de non haber alumnado dese ciclo, pasarase ao:

 

2. Alumno/a con maior puntuación e Departamento ao que pertenza o ciclo no que queda a praza non cuberta.

 

De non ter alumnado dese Departamento pasarase a:

 

3. Aquel alumno/a que teña maior puntuación na lista de agarda.

 

Neste último caso, de ter varios alumnos/as con mellor puntuación no mesmo ciclo, primará o reparto por ciclos, non asignando dúas prazas a un ciclo cando existan listado de reserva en máis ciclos.

 

Empate

 

No caso de empate, ante alumnado coa mesma puntuación para unha mesma praza, terase en conta para o desempate:
Promoción da igualdade entre mulleres e homes, maior puntuación no expediente académico, maior puntuación na valoración do equipo docente e maior puntuación na proba de idiomas e sorteo final se fose necesario.

 

Recoñecemento das prácticas

 

A mobilidade Erasmus+ KA131-HED para prácticas permite a realización de toda a FCT nun país da Unión Europea cos mesmos efectos de recoñecemento que si se realizara nunha empresa española. O Liceo La Paz recoñecerá academicamente o período de prácticas, sempre que se alcancen os logros acordados por ambas partes no programa formativo, rexistrarase tamén o Certificado de Mobilidade Europass e o Suplemento Europeo ao Título.

 

Link á solicitude Erasmus+ desta convocatoria

 

1 A duración da mobilidade para FCT será sempre de 75 días.
2 Valoraranse os coñecementos do idioma de país de destino, mediante achega da certificación oficial correspondente (mínimo B1 ou equivalente. B1: 1 punto, B2: 2 puntos, C1 ou máis: 3 puntos). En caso de non ter ningunha certificación das anteriormente citadas valoraranse coñecementos de inglés (como lingua habitual no entorno europeo), mediante achega da certificación correspondente (B1: 1 punto, B2: 2 puntos, C1 ou máis: 3 puntos) ou proba.
0 No existen comentarios

Comments are closed.