17
oct

Xa está aberta a convocatoria de Bolsas Erasmus+ KA 131-HED para F.C.T. de marzo/abril 2026.

 

O programa Erasmus+ ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en Formación Profesional de Grao Superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación. Os seus obxectivos específicos son apoiar a realización dun Espazo Europeo de Educación Superior e reforzar a contribución da educación superior e a formación profesional ao proceso de innovación.

 

Obxecto da convocatoria

 

Concesión de 11 bolsas Erasmus+ K131-HED de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K122 dentro do programa 2025-1-ES01-KA131-HED-000306127. E 3 bolsas Erasmus+ K171-HED de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas fora da Unión Europea (Albania), dentro CONSORCIO REDECON dirixido a alumnado dos ciclos superiores de Actividade Física e Deportiva, xestionado pola Fundación Deportivo Da Coruña.

 

Destinatarios

 

Alumnado en OFERTA ORDINARIO, matriculado no Liceo La Paz, nun Ciclo Formativo de Grao Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2025-26 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.

 

Requisitos para participar na selección

 

  • Estar matriculado/a no Colexio Liceo La Paz nos últimos módulos dun Ciclo Formativo de Grao Superior.
  • Reunir os requisitos para poder realizar a FCT1 .
  • Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no programa Erasmus+.
  • É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (nivel recomendado B1). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida.
  • Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo esablecido.

 

Contía da bolsa

 

O alumnado seleccionado recibirá unha axuda económica total que cobre desprazamento, aloxamento, manutención e seguro, calculada segundo o país de destino e a duración da estadía. As cantidades serán as determinadas pola Axencia Nacional SEPIE para o curso 2025-26. Poderán concederse axudas complementarias a participantes con menos oportunidades.

 

Período de estancia

 

Duración de 2,5 meses (89 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT, durante os meses de marzo-abril-maio de 2026.

 

Países e empresas de destino

 

Os destinos habituais inclúen: Portugal, Italia, Polonia, Estonia, República Checa e Irlanda, aínda que poderán considerarse outros países con convenio Erasmus+ vixente. O equipo docente e o titor/a, xunto coas coordinadoras Erasmus+, determinarán o país e a empresa de destino en función do perfil do alumnado. Valorarase positivamente que o alumnado aporte unha carta de aceptación dunha empresa externa ao listado proposto polo Departamento Erasmus.

 

 

Prazo de presentación de solicitudes

 

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 10 de novembro ata o 8 de decembro de 2025.

 

Criterios de selección e valoración dos candidatos

 

Para a valoración das solicitudes e a adxudicación das becas, o alumnado pasará un proceso de selección no que se valorará:

 

 

En caso de empate, aplicarase a seguinte orde de desempate: igualdade de xénero, expediente académico, valoración docente, proba de idiomas e, se fose necesario, sorteo final.

 

Unha vez valoradas todas as solicitudes publicarase a resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web erasmus https://erasmus.liceolapaz.com/ do centro, Contra esta resolución os interesados poderán presentar unha solicitude de revisión, ante a Dirección do Centro, no prazo de 5 días hábiles contados a partires da data de publicación.

 

Lista de reserva

 

Crearase unha lista de reserva para cubrir posibles renuncias, respectando o equilibrio entre ciclos e departamentos.

 

Recoñecemento académico

 

A mobilidade Erasmus+ permitirá a realización da totalidade da FCT no país de acollida, con pleno recoñecemento académico e rexistro do Certificado Europass Mobility e o Suplemento Europeo ao Título.

 

Link á solicitude Erasmus+ desta convocatoria

 

Destinos con los que existen acuerdos para la realización de prácticas:

 

IMPORTANTE: O alumnado así como as familias do alumnado deben comprender que a decisión final para realizar as súas prácticas Erasmus+ no extranxeiro depende única e exclusivamente das empresas de acollida. En consecuencia, recordamos a todos os participantes que, o proceso de selección é longo e que non sempre finaliza coa realización da movilidad Erasmus.

 

0 No existen comentarios

Comments are closed.