Xa está aberta a convocatoria de Bolsas Erasmus+ KA 122-VET para F.C.T. de marzo/abril 2026.
O programa Erasmus+, ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de grao superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación. Os seus obxectivos específicos son apoiar a realización dun Espazo Europeo de Educación Superior e reforzar a contribución da educación superior e a formación profesional ao proceso de innovación.
Obxecto da convocatoria
Concesión de 10 bolsas Erasmus+ KA122-VET de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), dentro do programa 2025-1-ES01-KA122-VET-000309717, xestionado polo CPR Plurilingüe Liceo La Paz. Concesión de 3 bolsas Erasmus+ KA122-VET de mobilidade de estudantes para facer prácticas de longa duración como recién titulados en empresas da Unión Europea (SMT), dentro do programa 2025-1-ES01KA122-VET-000309717, xestionado polo CPR Plurilingüe Liceo La Paz.
Destinatarios
Alumnado en oferta ordinaria, matriculado no Liceo La Paz nun Ciclo Formativo de Grao Medio, que vaia realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2025-26 e desexe realizalo en empresas de países da Unión Europea.
Requisitos para participar na selección
- Estar matriculado/a no Colexio Liceo La Paz nos últimos módulos dun Ciclo Formativo de Grao Medio.
- Reunir os requisitos académicos e administrativos para poder realizar a FCT.
- Ter nacionalidade española ou dun país participante no programa Erasmus+.
- Posuír un coñecemento suficiente do idioma do país de destino ou de inglés (nivel recomendado B1). Realizarase proba de nivel oral e escrita se non se achega certificación oficial.
- Presentar a solicitude e documentación completa dentro do prazo establecido.
Contía da bolsa
O alumnado seleccionado recibirá unha axuda económica total que cobre desprazamento, aloxamento, manutención e seguro, calculada segundo o país de destino e a duración da estadía. As cantidades serán as determinadas pola Axencia Nacional SEPIE para o curso 2025-26. Poderán concederse axudas complementarias a participantes con menos oportunidades.
Período de estancia
A mobilidade terá unha duración de 2,5 meses (89 días), coincidindo co período de realización da FCT, durante os meses de marzo-abril-maio de 2026.
País e empresa de destino
Os destinos habituais inclúen: Portugal, Italia, Polonia, Estonia, República Checa e Irlanda, aínda que poderán considerarse outros países con convenio Erasmus+ vixente. O equipo docente e o titor/a, xunto coas coordinadoras Erasmus+, determinarán o país e a empresa de destino en función do perfil do alumnado. Valorarase positivamente que o alumnado aporte unha carta de aceptación dunha empresa externa ao listado proposto polo Departamento Erasmus.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación será do 17 de outubro ao 17 de novembro de 2025, mediante a solicitude Erasmus+ desta convocatoria.
Criterios de selección e valoración dos candidatos
En caso de empate, aplicarase a seguinte orde de desempate: igualdade de xénero, expediente académico, valoración docente, proba de idiomas e, se fose necesario, sorteo final. Unha vez valoradas todas as solicitudes publicarase a resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web erasmus https://erasmus.liceolapaz.com/ do centro, Contra esta resolución os interesados poderán presentar unha solicitude de revisión, ante a Dirección do Centro, no prazo de 5 días hábiles contados a partires da data de publicación.
Lista de reserva
Crearase unha lista de reserva para cubrir posibles renuncias, respectando o equilibrio entre ciclos e departamentos.
Recoñecemento das prácticas
A mobilidade Erasmus+ permitirá a realización da totalidade da FCT no país de acollida, con pleno recoñecemento académico e rexistro do Certificado Europass Mobility e o Suplemento Europeo ao Título.
Destinos con los que existen acuerdos para la realización de prácticas:
IMPORTANTE: O alumnado así como as familias do alumnado deben comprender que a decisión final para realizar as súas prácticas Erasmus+ no extranxeiro depende única e exclusivamente das empresas de acollida. En consecuencia, recordamos a todos os participantes que, o proceso de selección é longo e que non sempre finaliza coa realización da movilidad Erasmus.
Comentarios recientes