Persoal administrativo
Sindicato CCOO de Galicia
Bolsa de traballo temporal de
PERSOAL ADMINISTRATIVO
Nivel académico esixido
Formación profesional rama administrativa grao superior ou equivalentes
Requsitos esixidos
- Manexo de equipos informáticos (tratamento de textos, folla de cálculo, correo electrónico, internet, elementos de Google, etc.).
- Experiencia – Coñecementos de contabilidade, apoio administrativo de gabinetes xurídicos, atención ao público, administración recursos humanos, administración electrónica, tarefas administrativas en xeral.
Valorarase
- Experiencia relacionada co posto
- Formación relacionada co posto
- Lingua galega (falada e escrita)
Xornada
Tempo completo / Tempo parcial
Salario
Segundo convenio colectivo
Centros de traballo
A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa.
As persoas interesadas enviarán cuberto o seguinte FORMULARIO DE CV, xunto co CV habitualmente remitido, ao Departamento de Recursos Humanos do Sindicato Nacional, mail rrhh.administracion@galicia.ccoo.es, facendo constar a referencia da presente convocatoria. É importante encher correctamente os apartados das datas de experiencia e das horas de formación.
O prazo para a recepción de CV rematará o día 4 DE XUÑO
En relación ao chamamento para a realización das probas de selección, haberá un filtro previo polo que as candidaturas presentadas serán valoradas segundo o CV presentado. O Sindicato Nacional resérvase o dereito a convocar ao número de persoas que estime oportuno para a realización dun efectivo proceso selectivo.
NOTA: Para acreditar a titulación, a persoa seleccionada presentará o título académico requirido, e para acreditar a experiencia laboral presentará vida laboral máis os contratos correspondentes.
Información completa da convocatoria na seguinte ligazón.
