Auxiliar / Coidador/a Campamentos Xunta
Ludus Tempori
Un ano máis, abrimos proceso de selección para os campamentos para persoas con discapacidade da Xunta 2025 para persoas entre os 11-14 anos, 15-18 anos, 19-25 anos e 26-50 anos, dependendo do lugar e da quenda.
Posto ofertado e requerimentos
Precisamos a figura de monitor/a, auxiliar/coidador/a que posúa algún dos seguintes títulos: Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería, Técnico/a en Atención a Persoas en Situación de Dependencia ou Técnico/a en Atención Sociosanitaria.
Trátanse de campamentos de pernocta, polo que se require permanecer na instalación todo o día nas datas que adxuntamos a continuación:
- RTL PANXÓN: 2-11 xullo e 3-12 setembro.
- RTL CARBALLIÑO: 2-11 xullo, 13-22 xullo e 3-12 setembro.
- ALBERGUE XUVENIL DE GANDARÍO: 8-17 agosto, 22-31 agosto e 5-14 setembro.
Inscricións
As persoas interesadas poden enviar o seu CV actualizado a rrhh@ludustempori.com