Auxiliar Administrativo
Fundación ROF CODINA
Dende a Fundación Rof Codina informamos dunha oferta laboral no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina para formar unha lista de substitución de auxiliar administrativo na Fundación Rof Codina.
Está orientado a alumnado de ciclos de formación profesional das familias de administración e xestión, comercio e tamén ao ciclo de GASA. É unha convocatoria pública, sendo o método de selección o de valoración de méritos e entrevista persoal.
A data de presentación de solicitudes é do 12 ao 26 de xuño.
As bases completas da convocatoria, incluindo os requisitos e méritos (Anexo I), así como a presentación de solicitudes, que teñen que facerse por vía telemática, atópanse na seguinte ligazón:
SOLICITUDES
